O Palco do Corgo acolle unha exposición de Luis Hixinio Flores Rivas
LugoXa
Grazas ao Proxecto Corgoral, todas as persoas que visiten o Palco (Punto de Atención á Lectura do Corgo) e a Casa das Asociacións do Corgo poderán gozar dunha senlleira escolma fotográfica da exposición Paisaxes humanizadas – Terras vividas.
27 Dec 2023

Trátase dun total de dez imaxes a cores de gran formato, todas elas da autoría de Luís Hixinio Flores Rivas, que teñen como fío condutor a presenza da auga no territorio lucense. Esta escolma fotográfica, cedida polo Museo do Pobo Galego ao Concello do Corgo, consolídase a partir de agora como significativa e destacada exposición permanente nas devanditas dependencias, sempre baixo custodia responsable da edilidade corguesa.