O paradelense Diego López anima ao Club Deportivo Lugo a gañar o partido do domingo

LugoXa | SarriaXa
Pola súa banda, desde o Club obsequióuselle cunha camiseta oficial, #ADeSempre, que inclúe o seu nome e o número 13 no dorsal
Diego-López-cos-xogadores-do-CD-Lugo
30 Aug 2024

O paradelense recoñecido nacionalmente pola súa carreira como porteiro, Diego López, achegouse á tenda oficial do Club Deportivo Lugo para saudar aos porteiros da entidade, ata os máis pequenos da canteira.

O de Paradela, ademais, mandou unha emotiva mensaxe aos xogadores do primeiro equipo, que compiten, por primeira vez na tempada 2024-2025 da Primeira Federación, no Anxo Carro este domingo, 1 de setembro, a partir das 20.00 horas, contra a SD Amorebieta. "Sachadores, desexámosvos moita sorte para o partido desta fin de semana. A gañar!".

Pola súa banda, desde o Club obsequióuselle cunha camiseta oficial, #ADeSempre, que inclúe o seu nome e o número 13 no dorsal, número co que desempeñou o seu labor de porteiro desde 2016 no RCD Espanyol de Barcelona e no Raio Vallecano na súa última tempada 2022-2023.

Diego López comezou a súa carreira deportiva no fútbol español nos equipos de Paradela como cérbero de futbol sala e de fútbol campo, á vez que militou no equipo da SD Sarriana. Máis adiante, formouse na canteira do Club Deportivo Lugo, casa á que pertenceu desde 1994 ata 2000.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17602396011353