O Páramo participa nun programa de emprego para impulsar a formación feminina

LugoXa | SarriaXa
O concello do Páramo participa nun programa de emprego cun total de 30 accións para impulsar a formación feminina de 100 mulleres
emprego oparamo
25 Ago 2022

O concello do Páramo favorece a participación de mulleres nesta iniciativa que instruirá a un total de cen integrantes, con 30 accións formativas que combinan a modalidade de teleformación con accións colectivas presenciais de reforzo para favorecer a participación.

Dito programa, está financiado pola consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e promovido e cofinanciado pola agrupación de concellos de Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Portomarín, O Páramo e Guntín.

As participantes son destes citados municipios e doutros da provincia de Coruña como Melide, Arzúa, Sobrado, Boimorto, Toques e Santiso.

A organización destaca “o interese das alumnas por formarse en diversas materias para as cales a participación é de mais de 20 alumnas e son temáticas relevantes para a mellora da inserción laboral e o desenvolvemento socioeconómico, posibilitando a inserción laboral das mulleres en situación de desemprego e que as empresas poidan atopar persoal cualificado”.

En canto á temática e ao número de participantes cos que contará cada un dos cursos, serán os seguintes: o de Internet, redes sociais e dispositivos dixitais terá un total de 23 alumnas, o de inserción laboral, sensibilización medioambiental e igualdade de xénero contará con 24 alumnas, as participantes de inglés profesional para turismo serán 21, as mesmas que para o de básico de prevención de riscos laborais, o de manipulador de alimentos contará con 31 prazas ocupadas, o de habilidades sociais, comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo encheu 22 prazas, o de acompañante de transporte escolar terá 36 alumnas e o de monitor de tempo libre un total de 22.

As acción formativas a realizar serán 30 en total cunha duración que varía e toda a formación do catálogo de especialidades formativas do Catálogo do Sepe.

A plataforma para a formación está aberta dende o día 8 de agosto e acéptanse solicitudes ata finais de outubro (co obxectivo de que tódalas alumnas poidan facer a formación e prácticas en empresas para así acadar unha mellor cualificación e procurar a inserción laboral co apoio do asesoramento técnico das orientadoras do programa).

emprego oparamo 2
0.17557501792908