O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno de España que garanta o acceso de Lugo á alta velocidade

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Considera imprescindibles a construción das variantes de Canabal-Os Peares, Rubián e Betanzos
Elena-Candia-no-Pleno-parlamento
24 Out 2024

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que garanta o acceso das cidades de Lugo e de Ferrol á alta velocidade ferroviaria, en condicións de igualdade co resto do territorio, para o que é imprescindible a execución das actuacións precisas para adaptar a infraestrutura ferroviaria actual e que permita a chegada do AVE, entre as que se inclúen as variantes de Canabal-Os Peares, Rubián e Betanzos.

A deputada popular Elena Candia afirmou que “lucenses e ferroláns temos un reto en común: vencer unha inxustiza que deixa a estas dúas cidades galegas sen conexión coa alta velocidade ferroviaria”. “Non podemos aceptar que unha sectaria planificación de infraestruturas afonde nas desigualdades dos territorios, porque é afondar en cidadáns de primeira e de segunda”, indicou.

Candia asegurou que “discrepo co ministro de Transportes cando di que o tren vive en España o mellor momento da súa historia, porque Lugo e Ferrol están peor que nunca e aínda non recuperaron sequera as frecuencias que se suprimiron con motivo da pandemia”. “Avanzamos, froito da colaboración entre as administracións, na construción da intermodal de Lugo, pero nin temos trens nin temos previsión de telos”, lamentou.

Por iso, solicitou “alzar a voz, como lucenses e como ferroláns, pero tamén como galegos, para que o Goberno de España garanta, dunha vez, o acceso destas dúas cidades á alta velocidade ferroviaria”.

0.19841694831848