O Parque de Bombeiros de Lugo conta con dez novas incorporacións
O Parque de Bombeiros local incorpora dez novos bombeiros interinos que realizaron a toma de posesión, sumándose ao equipo despois de realizar o proceso de oposición libre.
A rexedora, acompañada da tenente de alcaldesa de Gobernanza, Paula Alvarellos, apuntou que, con estas novas incorporacións o Parque conta cun total de 54 bombeiros, anunciando que “nos vindeiros días, tomarán posesión 2 novos bombeiros en réxime de interinos, elevando o a 56 o número total”. Alabou o esforzo realizado polo novos interinos e deulles a benvida a “un servizo moi querido pola sociedade lucense pola labor que desenvolvedes, e estamos seguros de que o voso traballo estará a altura das expectativas”, comentou.
Informou, ademais, que a Xunta de Goberno Local desta semana aprobará o compromiso de incluír 2 prazas nas OPE de 2024, en previsión da xubilación de dous bombeiros neste exercicio.