O Parque de Rosalía de Castro acolle unha xornada lúdica e cultural polo Día das Letras Galegas

LugoXa
A Asociación de Veciños Parque de Rosalía-Recatelo organiza este evento que contará coa participación dos Xílgaros de Lugo
Parque-Rosalía-de-Castro-Lugo
12 May 2025

A Asociación de Veciños Parque de Rosalía-Recatelo organiza o vindeiro 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas 2025, unha completa xornada de actividades no parque Rosalía de Castro, en Lugo. O evento desenvolverase entre as 17:00 e as 20:00 horas, no palco da música do parque.

Durante a tarde, as persoas asistentes poderán gozar dunha mostra de música e cultura tradicional galega a cargo do grupo Os Xílgaros de Lugo, que presentará o seu repertorio e algunha novidade preparada especialmente para esta ocasión. Este ano, a celebración está dedicada ás Cantareiras, poñendo en valor o seu legado na música tradicional galega.

Ademais, haberá numerosas actividades para os máis pequenos, entre elas xogos tradicionais organizados por Xotramu (Xogos Tradicionais Muimenta), así como obradoiros de pintacaras, globoflexia e malabares.

A organización recomenda inscribirse previamente para participar e reservar a merenda, que incluirá produtos galegos. Para iso, pódese chamar ao 681 395 599.

O evento conta coa colaboración da Xunta de Galicia e busca fomentar a cultura popular galega e ofrecer un espazo de convivencia interxeracional.

⚙ Configurar cookies
0.16792702674866