O Parque eólico Levante localizará aeroxeradores nas Nogais, Becerreá e Triacastela

LugoXa | SarriaXa
Sometido a información pública el parque eólico Levante que colocará 19 aerogeneradores en As Nogais, Becerreá e Triacastela.
parque eólico muíños vento
25 Apr 2022

Greenalia somete a información pública o parque eólico Levante. Este novo proxecto suporá a instalación de 19 aeroxeradores na provincia tendo como localizacións centrais zonas de As Nogais, Becerreá e Triacastela. A infraestrutura de evacuación estenderase polos concellos de Baralla, Baleira e Pol.

Segundo os estudos realizados por Greenalia, a produción eólica neste parque suporá o aforro de consumo de máis de 28.000 toneladas de petróleo, evitando tamén a emisión de 121.000 toneladas de CO2 á atmosfera, chegando a abastecer con fontes de enerxía renovables a máis de 82.000 familias.

Doce aeroxeradores estarán localizados nas Nogais, catro en Becerreá e tres en Triacastela. Estes aeroxeradores terán unha potencia de 5,6 megavatios, a altura será de 105 metros e o dámetro de retor de 150 metros.

O orzamento para levar a cabo este parque é de 77 millóns de euros aos que se suman 3 millóns dirixidos ás administracións locais.

O proxecto sitúa o aeroxeradoras despois do estudo do terreo evitando os espazos incluídos na Rede Galega de Espazos Protexidos na Rede Natura 2000, fora das áreas consideradas IBA así como dos lugares importantes na reprodución, alimentación e dispersión das aves.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19534206390381