O parque infantil de tráfico da Milagrosa recupera as actividades de seguridade vial

LugoXa
O tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron, xunto co xefe provincial da DXT en Lugo, Alberto Rodríguez Fernández e persoal da DXT en Lugo, as instalacións do parque infantil de tráfico ubicado na Milagrosa.
parque infantil de trafico da Milagrosa
5 Abr 2024

O tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron, xunto co xefe provincial da DXT en Lugo, Alberto Rodríguez Fernández e persoal da DXT en Lugo, as instalacións do parque infantil de tráfico ubicado na Milagrosa. Maite Ferreiro afirmou que están a traballar da man da DXT para “achegar formación en seguridade viaria ás nenas e nenos de Lugo, utilizando para este fin as instalacións do PIT".

O Goberno de Lugo difundirá as actividades que se organicen nestas instalacións e facilitará a o uso das instalacións ao persoal da DXT para realizar as mesmas. "Con esta iniciativa buscamos recuperar o funcionamento do PIT traballando na formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación", afirmou Maite Ferreiro.

A Tenencia de Alcaldía e a DXT traballarán para "achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar tamén aos centros de ensino".

0.16656994819641