O parque Novo Freire de Lugo retoma a súa actividade
Reapertura, na tarde de onte, do parque Novo Freire coa veciñanza do barrio e dos seus arredores. O espazo foi ampliado e remodelado creando zonas de ocio saudable para todas as idades, tamén co fin de potenciar as relacións interxeracionais e facilitar a conciliación. Nesta execución invertíronse máis de 153.000 euros.
No espazo que se reabre xa se estableceron catro zonas de lecer, pensadas para todas as idades. Por un lado, unha zona de xogos infantís, que disporá dunha torre multidisciplinar e outros elementos como un carrusel, un tren, columpios e xogos inclusivos para nenos e nenas con mobilidade reducida.
Unha zona deportiva para adolescentes, que contará cun circuíto de Street Workout, é dicir, con diferentes estruturas destinadas ao exercicio físico ao aire libre.
Unha zona de máquinas biosaudables para adultos, que incluirá media ducia de aparatos de ximnasia, todos eles con estrutura de aceiro galvanizada. E un espazo intermedio ou de descanso, con mobiliario urbano como bancos, unha fonte de beber dobre e adaptada para persoas con mobilidade reducida, árbores e papeleiras.
Renovación e dotación de novos parques
O concelleiro de Medio Ambiente, lembrou que esta actuación se suma a execución doutros novos espazos urbanos verdes e de lecer para a cidadanía, como o novo parque ubicado entre as rúas Manuel María e Túnel de Oural, na Piringalla, ou a ampliación, mellora e cubrición do parque de Augas Férreas, aínda en obras.
Lembrar tamén que neste mandato se realizaron melloras na zona recreativa de Aquilino Iglesia Alvariño, que se puxo en marcha un novo parque infantil na Praza de Bretaña e ampliáronse os parques infantís de Campo Castelo e Albeiros. Ademais, se procedeu a acondicionar o parque Gallego Tato e a restaurar da pérgola da praza Viana do Castelo, entre outras intervencións.