O Partido Popular de Lugo critica a falta de transparencia e xestión na Comisión de Contas
O Partido Popular de Lugo emitiu unha valoración negativa tras a última Comisión de Contas celebrada no Concello, na que aseguran ter comprobado unha clara falta de transparencia e de xestión por parte do goberno local, liderado polo PSOE e o BNG.
Desde o Grupo Popular indicaron que as respostas ás cuestións plantexadas durante a reunión reflicten un "total desprezo cara á cidadanía" e aos 12 concelleiros do Partido Popular.
Así, en canto ao reloxo parado na torre do Concello, indican que, a pesar das queixas presentadas, o goberno local respondeu que o reloxo non está roto, senón simplemente detido, un xesto simbólico que o PP interpreta como un reflexo da inacción que caracteriza a xestión do goberno local.
Pola súa parte, sobre a publicación do Plan Anual de Contratación 2025, desde o PP afirman que o goberno local xustificou que a operación de crédito realizada eximía desta publicación, con todo, desde o PP recalcan que a lei obriga á súa publicación, o que pon en dúbida a transparencia do proceso.
Como último punto, en canto ao avance en expedientes, os populares indican que non se ofrecéu información sobre o estado do expediente de execución subsidiaria dun edificio en ruínas na rúa Montero Ríos, o que pon de manifesto, segundo o PP, a falta de seguimento e a ineficiencia administrativa.
Do mesmo xeito, os populares sinalaron que, tras a presentación duns orzamentos "ilusionantes" a semana pasada, a realidade é que carecen de avances e cambios reais, sendo simplemente unha repetición do mesmo.
O Grupo Popular esixiu ao goberno local máis transparencia, máis traballo e un maior respecto polos intereses da cidadanía. "Pouco traballo, pouco avance e pouco respecto. Así está Lugo baixo a xestión do PSOE e do BNG", conclúen.