O Partido Popular de Lugo organizou un encontro coa comunidade educativa da cidade

LugoXa
Durante a sesión, abordouse unha batería de medidas que a Xunta de Galicia se comprometeu a avaliar e desenvolver
PP-de-Lugo-reunión-Consellería-de-Educación
5 May 2025

O Partido Popular de Lugo mantivo un encontro coa comunidade educativa da cidade e que contou coa presenza do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez.

O obxectivo da reunión foi escoitar de primeira man as demandas e preocupacións de familias, docentes e representantes de centros educativos públicos e concertados, así como de colectivos vinculados á inclusión, necesidades educativas especiais e altas capacidades.

No encontro tamén participaron a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, representantes de ANPAS e entidades sociais.

Durante a sesión, abordouse unha batería de medidas que a Xunta de Galicia se comprometeu a avaliar e desenvolver, orientadas a mellorar a calidade e a inclusión do sistema educativo lucense.

Entre as cuestións tratadas destaca o compromiso de apoiar as actividades organizadas polas ANPAS e analizar a demanda histórica de comedor escolar na EEI Fingoi 2, en coordinación co Concello.

Outro dos temas centrais foi a revisión do programa E-Dixgal, relativo ao uso do libro electrónico, para avanzar cara a un modelo híbrido que combine recursos dixitais e materiais impresos, adaptándose mellor ás necesidades do alumnado.

Tamén se puxo enriba da mesa a necesidade de reforzar os programas de apoio ao estudantado estranxeiro, así como implantar o expediente dixital do alumnado e reducir a carga administrativa nos centros para favorecer o labor docente.

Elena Candia valorou moi positivamente o encontro e destacou que “o diálogo directo coa comunidade educativa é esencial para seguir construíndo un sistema centrado no alumnado e adaptado ás realidades locais”.

⚙ Configurar cookies
0.12917399406433