O Partido Popular pide a convocatoria da mesa local comercio

LugoXa
O Partido Popular pide a convocatoria da mesa local comercioa para abordar peche comercios en Lugo, en especial no casco histórico.
lugo muralla_centro_vista
1 Mar 2023

O Partido Popular solicitará a convocatoria da mesa local de comercio para "abordar o goteo de peches de pequenos comercios en Lugo e  en especial no casco histórico".

Tras o anuncio do peche do local de Zara no centro para este verán os populares consideran que "pode ser a puntilla ao comercio do casco histórico, un golpe case irreparable do que Lara Méndez é directamente responsable debido a súa nefasta política de apoio ao comercio local, evidenciada coa súa permisividade co peche do vicerrectorado en novembro do ano pasado".

Para o Partido Popular os cascos históricos "deben de ter vida, polo que hai que dende a administración loca favorecer o asentamento de poboación e de empresas e non ao revés". Como exemplo, Antonio Ameijdie descata que "os datos do censo indican a perda de poboación do casco histórico de Lugo, que conta cuns 3.000 habitantes na actualidade cando chegou a contar con máis de 10.000".

Nesta situación, Antonio Ameijide quere destacar “o enorme esforzo dos hostaleiros, dos emprendedores e dos autónomos que manteñen os seus negocios abertos no casco histórico porque é grazas ao seu empeño e sacrificio que o centro segue loitando por gañar o pulso ás grandes superficies comerciais".

Para Antonio Ameijide parte deste problema ven por "desmantelar o centro de Lugo coas peonalizacións, sen dar alternativas de aparcamento o que complica que a veciñanza se achegue ata o centro" e “a estes graves problemas podemos sumar os atrasos interminables na concesión de licenzas ou a incapacidade para actualizar documentos como o PEPRI, que impulsarían o desenvolvemento do recinto amurallado”, sinala.

Antonio Ameijide declara que dende o grupo municipal popular "xa propuxeron varias medidas de apoio ao comercio local para axudar aos autónomos e emprendedores como por exemplo a exencións de impostos e taxas municipais, negociar con entidades bancarias que traballan co concello préstamos con condicións vantaxosas para os emprendedores locais e para o financiamento necesario para a consolidación dos negocios existentes e o mantemento dos empregos".

Dentro das propostas do PP tamén está "crear un servizo de asesoramento para o emprendedor (con persoal do CEI Nodus, e doutras áreas municipais así como expertos alleos á administración) para tutorizar e acompañar estes proxectos dende o concello, a posta en marcha unha bolsa de mentores e profesionais de diversos ámbitos que asesoren de xeito profesional ou axudas para  a dixitalización dos negocios, investimento en publicidade, posicionamento en web, RRSS e comercio".

Ademais, Ameijide sinala que "hai uns meses tamén se propuxo que o goberno local habilitase unha partida de 3M€, cos que se poderían ofrecer achegas a fondo perdido de 5.000€ por proxecto para axudar a 600 emprendedores e que unha parte deses 3M€ se reservase para rescate de negocios e mantemento dos empregos que se poderían destruír”, indicou.

0.1201319694519