O paso de La Vuelta pola provincia de Lugo deixa varios detidos

GaliciaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
As manifestacións contra a participación do equipo israelí na competición volveron protagonizar a xornada
la-vuelta-recurso
7 Sep 2025

O paso da décimo quinta etapa de La Vuelta a España 2025 pola provincia de Lugo deixou varios detidos e diversos incidentes polas protestas contra a participación do equipo israelí Premier Tech.

En total, ata o momento, serían dez as persoas detidas en Monforte e O Corgo. Entre os incidentes máis destacados está a caída dos ciclistas Javier Romo e Edward Planckaert, despois de que un manifestante tentase entrar na estrada.

A tensión incrementouse apenas uns metros antes da meta, xa en Monforte de Lemos, onde un numeroso grupo de manifestantes se concentrou para protestar contra o xenocidio en Gaza.

A etapa, que percorreu 167 quilómetros entre Vegadeo e Monforte, pasando pola Montaña Lucense e a comarca de Sarria, rematou coa vitoria de Mads Pedersen.

⚙ Configurar cookies
0.16991710662842