O pavillón de Rábade conta xa con novo marcador

O Concello de Rábade estreou coas competicións deportivas da fin de semana o novo marcador instalado no pavillón municipal.
Desde a pasada semana os partidos que se disputan nestas instalacións dispoñen deste dispositivo, que tras avariarse foi preciso renovar, polo que se aproveitou para incorporar melloras.