O Pazo de Feiras acolle unha nova edición de Expo Canina con máis de 1.600 cans de 140 razas

LugoXa
A mostra internacional inclúe probas de beleza, exhibicións, Agility e a Copa Border Collie Rexional, coa participación de equipos de España e Europa
expo-canina-Pazo-de-Feiras-Lugo-25
16 Jan 2026

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo será esta fin de semana o escenario dunha nova edición de Expo Canina, na que se prevé a presenza de arredor de 1.600 exemplares de 140 razas diferentes. A iniciativa, organizada pola Sociedade Canina Galega coa colaboración da Xunta, celebra a 115ª e 116ª Exposición Nacional e a 52ª Exposición Internacional Canina.

A presentación da cita tivo lugar hoxe na Delegación Territorial coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o presidente da entidade organizadora, Agustín Fontán; o xerente do Pazo de Feiras, Rubén López; entre outros, e contou tamén coa presenza de varios dos cans que tomarán parte no certame.

O programa de actividades inclúe probas de beleza, exhibicións, competicións de Agility e a Copa Border Collie Rexional. Como cada ano, haberá participantes de toda España e doutros países europeos como Portugal, Francia, Italia e Holanda. Entre as novidades desta edición destaca a presenza por primeira vez da raza bulldog campeiro, orixinaria do Brasil.

O delegado Javier Arias resaltou o prestixio desta cita, “que atrae en cada edición a miles de criadores, profesionais e afeccionados ao mundo canino, tanto de Galicia como do resto de España e Europa, supoñendo un importante impulso para a economía local e a oferta de lecer da cidade”.

⚙ Configurar cookies
0.092885971069336