O Pazo de Feiras acollerá este sábado a segunda edición do Soundsystem no Camiño

LugoXa
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do ciclo Soundsystem no Camiño, co que a área de Cultura e o Goberno de Lugo achegan á veciñanza o mellor da música reggae do noroeste peninsular.
presentacion festival soudsystem no camino
16 Nov 2023

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do ciclo Soundsystem no Camiño, co que a área de Cultura e o Goberno de Lugo achegan á veciñanza o mellor da música reggae do noroeste peninsular. Maite Ferreiro afirmou que “con este encontro queremos achegar unha vez máis unha importante selección de artistas dun xénero musical que está a gozar de gran popularidade en todo o mundo, ao mesmo tempo que continuamos a ampliar a oferta cultural da cidade”.

A música Reggae vén de ser recoñecida no ano 2018 como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco. Comparte co Camiño primitivo un valor cultural e social importantísimo. A súa achega á reflexión internacional sobre cuestións como a inxustiza, a resistencia, o amor e a condición humana revela a forza intelectual, sociopolítica, espiritual e sensual deste elemento do patrimonio cultural.

Este encontro busca crear unha alternativa de ocio para a xente da cidade e das persoas que se acheguen a Lugo, dinamizando a contorna e facéndoa máis atractiva e activa, visible e participativa, introducindo novas propostas culturais que están á vangarda noutras partes do estado.

Colectivos participantes Soundsystem no Camiño 2023 son Pintea Sistema de Son (Lugo), Dub Mono Hi-Fi (Santiago), North Patrol (Ourense), Sank-Fu Hi-Fi 8Vigo e Soundkilla Soundsystem (A Coruña)

0.17564797401428