O Pazo de San Marcos acolle a presentación dunha guía de rutas para bici de montaña
Esta tarde o Pazo de San Marcos acolle a presentación, ás 19.00, dunha nova edición da guía Rutas en bici de montaña polos arredores de Lugo, editada polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.
Trátase dunha ampliación e actualización dunha guía publicada en 2010, con novas rutas e un código QR que redirixe as persoas lectoras aos tracks das rutas en formato gpx descargable.
A guía inclué 17 itinerarios, con diferentes niveis de esixencia e dificultade, que convidan a coñecer a desfrutar en bici de sendeiros, camiños de carros, corgas, muras, muíños, pendellos e casas, bosque de ribeira, fragas, e pradeiras, convertendo a publicación nun material de consulta de interese para as afeccionadas e afeccionados a este deporte.
A publicación pon tamén en valor o traballo de moitos ciclistas que as percorren e as manteñen con respecto polo patrimonio natural e etnógrafico do mesmo xeito e as documentan para que piodan servir de reclamo para que ciclistas de fóra da comarca de Lugo se acheguen a percorrelas e disfrutalas.
A presentación será no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ás 19.00 horas, coa intervención de Marco López Grande, coautor da guía e co que falamos nunha entrevista que se pode ler aqui. As persoas asistentes recibirán un exemplar da publicación.