O Pazo de San Marcos acolle dúas propostas que convidan a reflexionar sobre o conflito en Palestina

LugoXa
Serán a exposición de fotoperiodismo 'Gaza: o eco dos esquecidos' e o ciclo de cinema euroárabe AMAL en Ruta Lugo 2025, dispoñibles entre o 20 de maio e o 17 de xuño
Exposición-sobre-Gaza-Lugo
14 May 2025

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolle a exposición de fotoxornalismo 'Gaza: o eco dos esquecidos' e o ciclo de cine euroárabe AMAL en Ruta Lugo 2025, dúas propostas que convidan á reflexión crítica sobre o conflito en Palestina.

Estas iniciativas, que terán lugar do 20 de maio ao 17 de xuño, están promovidas pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas en colaboración coa Deputación de Lugo.

A exposición 'Gaza: o eco dos esquecidos' estará compostapor 26 fotografías e vídeos testemuñais dos fotoxornalistas Mohammed Zaanoun, Ahmed Zakot e Abood Abu Salama. A mostra está organizada no marco da Cátedra USC–Araguaney para o Diálogo entre Culturas, e ofrece unha mirada íntima e impactante sobre a vida cotiá na franxa de Gaza, marcada polo asedio, a destrución e a resistencia da poboación civil

Pola súa parte, o ciclo Amal en Ruta Lugo 2025 ofrece un percorrido polo mellor cinema árabe actual. As proxeccións terán lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos todos os martes entre o 20 de maio e o 17 de xuño, ás 20:00 horas, con entrada libre e gratuíta.

A mostra de cine euroárabe AMAL en Ruta Lugo 2025 ten por obxectivo achegar a sociedade árabe a Galicia, abordando temas como a identidade, a resistencia cultural e as realidades sociais dos países árabes.

Baixo o lema 'Existir é resistir', a programación céntrase na resistencia do pobo palestino e noutras historias de resiliencia en contextos de conflito e migración.

A primeira sesión será o martes, 20 de maio, coa película The Teacher; o martes, 27 de maio, proxectarase a ficción Inshallah Walad; o martes, 3 de xuño, será a quenda para o documental ByeBye Tiberias; o martes, 10 de xuño, poderase ver a ficción To a Land Unknown; e o martes, 17 de xuño, a película The Old Oak.

⚙ Configurar cookies
0.1658148765564