O Pazo de San Marcos acolle este martes a proxección de 'Inshallah Walad'

LugoXa
Este filme é unha denuncia contra as leis patriarcais en Xordania
pelicula-Inshallah-Walad
26 May 2025

A mostra cinematográfica AMAL en Ruta Lugo 2025 continuará este martes, 27 de maio, coa proxección da película 'Inshallah Walad', ópera prima do director xordano Amjad Al Rasheed.

O filme, que tivo a súa estrea no prestixioso Festival de Cannes en 2023, aborda a loita dunha viúva contra as leis de herdanza patriarcais do seu país ao non ter un fillo varón que lle permita conservar os dereitos sobre os bens do seu defunto esposo.

A cita terá lugar ás 20:00 horas no Pazo Provincial de San Marcos da Deputación de Lugo, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

A actividade está organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas en colaboración coa Deputación de Lugo, no marco deste ciclo dedicado ao cinema comprometido e de autor.

As proxeccións continúan durante as vindeiras semanas con títulos recoñecidos internacionalmente, sempre en versión orixinal con subtítulos en castelán. O martes 3 de xuño será a quenda do documental 'Bye Bye Tiberias', seguido da ficción 'To a Land Unknown' o 10 de xuño, e pechará o ciclo 'The Old Oak', prevista para o 17 de xuño.

⚙ Configurar cookies
0.15895795822144