O Pazo de San Marcos acolle unha mostra sobre silvopastoreo e razas autóctonas
Os corredores da primeira planta do Pazo de San Marcos acollen unha exposición itinerante creada a partir do proxecto Life Silfore no que participou o Grupo de Sistemas Agroforestais e Agroecoloxía do Campus Terra.
A mostra está por formada por paneis que explican a planificación, execución, avaliación e ferramentas xeradas a partir deste proxecto financiado polo programa dirixido a promover o silvopastoreo e a conservación de razas de gando autóctonas para mellorar a adaptación dos ecosistemas europeos do noroeste peninsular ao cambio climático.
A iniciativa, financiada polo proxecto Life da Unión Europea, desenvolveuse en base a proxectos “demostradores” en distintos puntos de Galicia, Asturias, Euskadi e norte de Portugal, entre eles, Ribeira de Piquín, Cervantes ou Friol.