O Pazo de San Marcos acolleu a inauguración da exposición fotográfica 'Malandanza'

LugoXa
A mostra reúne unha vintena de retratos de creadoras e creadores contemporáneas galegas caracterizados como artistas circenses dos anos 20
exposición-fotográfica-'Malandanza'-Lugo
5 Oct 2024

O Pazo de San Marcos acolleu a inauguración da exposición fotográfica 'Malandanza' da fotógrafa coruñesa Alex Ferro (Sandra Romero), que convida á reflexión sobre o día a día dos e das artistas.

A mostra reúne unha vintena de retratos de creadoras e creadores contemporáneas galegas caracterizados como artistas circenses dos anos 20, cunha estética que simboliza a capacidade da arte para comunicar emocións, soños e esperanzas ao tempo que sinala a vulnerabilidade das profesións artísticas, suxeitas ao ditame do público e a outros factores alleos á calidade das obras.

Ousadía, insensatez, afouteza, sabedoría, nostalxia, sorte, forza, recelo, ventura, harmonía, reclusión... son algunhas das palabras que nomean os retratos, que se poderán ver na Sala de Exposicións ata o 3 de novembro.

0.17230200767517