O Pazo de San Marcos acolleu a V Xornada Querémonos Vivas, Libres e Iguais

LugoXa
A Deputación de Lugo impulsa actividades e charlas para concienciar á mocidade sobre a violencia machista con motivo do 25N
Inauguración-xornada-25N-Deputación
21 Nov 2025

O Pazo de San Marcos encheuse de mozos e mozas de institutos lucenses na V Xornada Querémonos Vivas, Libres e Iguais, organizada pola Deputación de Lugo para concienciar á mocidade sobre a violencia machista, dentro da programación do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

O acto, conducido pola actriz e monologuista Marta Doviro, contou coa participación de profesionais como as sociólogas Silvia Pérez e Uxía López, a escritora Antía Yáñez e a presidenta da Audiencia Provincial, Sandra Piñeiro, que reflexionaron sobre igualdade e prevención, coincidindo na necesidade dunha sociedade libre de violencias machistas.

A xornada incluíu charlas sobre empatía, prevención e ciberviolencia, e rematou co espectáculo de Doviro, que, mediante o humor, desmontou tópicos e promoveu a reflexión sobre a igualdade. A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, clausurou o evento.

O programa completouse coas performance do alumnado do Centro de Formación Audiovisual da Deputación, que realizarán accións simbólicas para transmitir mensaxes de denuncia contra a violencia de xénero, promovendo a participación activa da mocidade.

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou que “esta xornada leva cinco anos denunciando unha lacra social que este ano provocou 32 mortes por violencia machista” e subliñou a importancia da implicación da mocidade para impedir retrocesos en igualdade.

⚙ Configurar cookies
0.12159013748169