O Pazo de San Marcos acolleu o Obradoiro de Fotografía a Cegas
Este sábado 12 de marzo celebrouse na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos o primeiro obradoiro de Fotografía a Cegas, unha iniciativa da Rede Museística que cumpre cinco edicións convidando a adentrarse na fotografía dende a percepción sensorial para abrir este campo creativo a persoas con diversos graos de discapacidade visual.
Nesta primeira sesión, as vintecinco persoas participantes – invidentes ou con limitacións visuais mais tamén persoas coa visión total- compartiron espazo creativo, facendo parte dun obradoiro de danza contemporánea, impartido por Bárbara Faustino (Bárbara Faustino (Brasil, 1984) e Ariel Rodríguez (Arxentina, 1980) no que a coreografía se trasladou á fotografía por medio da técnica Light Painting ou pintura de luz, consistente nun rexistro fotográfico da traxectoria dunha fonte luminosa en movemento nun ambiente de pouca luz.