O Pazo de San Marcos voltarase turquesa no Día Nacional da Lingua de Signos

LugoXa
A Deputación de Lugo apoia á Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU) no Día Nacional da Lingua de Signos
Convenio Asorlu
14 Jun 2022

A Deputación de Lugo apoia á Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU) no Día Nacional da Lingua de Signos e esta noite iluminará o Pazo de San Marcos de turquesa. A institución provincial dá así resposta á solicitude deste colectivo, que pretende dar visibilidade e sinalar a importancia do coñecemento desta lingua viso-xestual para a integración das persoas xordas.

A colaboración da Deputación con ASORLU, a través dunha achega anual de 23.000€, permite que esta entidade poida contratar a un intérprete a xornada completa -40 horas semanais- para que os seus usuarios e usuarias poidan eliminar as barreiras de comunicación.

Grazas a este servizo, as persoas xordas da provincia de Lugo poden realizar xestións da vida diaria e ser totalmente independentes, acceder en igualdade de condicións a actos, actividades e servizos imprescindibles como a sanidade, os servizos sociais, a educación, o traballo ou a cultura. Unha medida que contribúe a evitar situacións de illamento, fomenta a participación social das persoas xordas da provincia e mellora a súa calidade de vida.

Neste mesmo senso, o Concello de Lugo, iluminará de turquesa, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día Nacional das Linguas de Signos, 14 de xuño. A petición foi solicitada por ASORLU, Asociación de Personas Sordas de Lugo, unha asociación sen ánimo de lucro que se consolida como a entidade de referencia de Lugo.

ASORLU

ASORLU, que naceu en 1975 co fin de mellorar a calidade de vida das persoas xordas e reivindicar os seus dereitos, atende a día de hoxe a 148 usuarias e usuarios na provincia de Lugo. Este colectivo é tamén o encargado da tradución simultánea das sesións plenarias da Deputación de Lugo, para que sexan accesibles a toda a veciñanza. Segundo o censo autonómico de persoas con discapacidade, a provincia de Lugo conta en total cunhas 1.500 persoas con algún tipo de discapacidade auditiva.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17786502838135