O Pazo dos Deportes acolle o I Torneo Muralla Romana de Ximnasia Rítmica de Lugo

LugoXa
O evento, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello, desenvolverase ao longo de todo o día
Torneo-Star-Dance-Lugo
14 May 2025

O club Star Dance organiza o I Torneo Muralla Romana de Ximnasia Rítmica, que se celebrará este domingo, día 18, no Pazo dos Deportes de Lugo.

O evento, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello, desenvolverase ao longo de todo o día.

Pola mañá celebraranse as probas de nivel escolar, individual e por grupos. Abrirán a xornada vespertina os conxuntos de promoción nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e master; e pecharán o torneo os conxuntos prebase de alevín, infantil, cadete e xuvenil.

⚙ Configurar cookies
0.16592311859131