O Pazo dos Deportes inaugurará o novo videomarcador o sábado 28 de marzo

LugoXa
A instalación do equipamento avanza a bo ritmo e permitirá dar un salto tecnolóxico e audiovisual ao recinto deportivo
videomarcador-Pazo-dos-Deportes-Lugo
19 Mar 2026

O Pazo dos Deportes estreará o seu novo videomarcador o sábado 28 de marzo, nunha actuación que supón unha importante mellora das instalacións e da experiencia audiovisual no recinto.

Os traballos de montaxe avanzan a bo ritmo e están a ser executados polos operarios de Mondo Ibérica, que xa iniciaron a colocación das pantallas LED, compostas por máis de 200 módulos. Aínda que resta por completar a instalación dos elementos correspondentes ao aro inferior, o conxunto xa presentaba nas últimas horas unha imaxe claramente recoñecible.

O novo dispositivo terá forma de prisma rectangular con esquinas curvas e contará cunha superficie total de pantalla de 58 metros cadrados, o que permitirá unha mellor visibilidade desde calquera punto do pavillón.

Unha vez finalizada a montaxe, levaranse a cabo distintas probas de funcionamento para garantir o correcto uso do equipamento. Esta incorporación suporá un notable avance tecnolóxico para o Pazo dos Deportes, que reforzará as súas prestacións tanto a nivel deportivo como audiovisual.

0.11876606941223