O Pazo Xeral Paredes acollerá unha charla sobre alimentación na infancia dirixida a familias e coidadores

LugoXa
O curso celebrarase o 30 de setembro en horario de tarde e abordará desde a lactancia ata a prevención da obesidade infantil
Pazo-Xeral-Paredes-Portomarín
27 Sep 2025

O vindeiro martes 30 de setembro, de 16:00 a 21:00 horas, terá lugar no Pazo Xeral Paredes unha charla formativa sobre Alimentación na infancia, orientada a nais e pais, futuros proxenitores, persoas coidadoras ou calquera outra persoa interesada en coñecer como garantir unha nutrición adecuada nos primeiros anos de vida.

O programa inclúe contidos prácticos e teóricos como a lactancia materna e artificial, o estudo dos nutrientes esenciais, a nutrición durante o primeiro ano de vida e a alimentación a partir desta etapa. Tamén se afondará no decálogo para fomentar hábitos saudables na infancia, así como no manexo de intolerancias e alerxias alimentarias e na prevención do sobrepeso e da obesidade infantil.

As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente chamando ao teléfono 621 197 440. A iniciativa busca ofrecer recursos e información rigorosa para apoiar ás familias e contribuír á creación de estilos de vida saudables desde a primeira infancia.

⚙ Configurar cookies
0.060734987258911