O Pazo Xeral Paredes acollerá unha charla sobre xestión doméstica e reparto de tarefas

LugoXa
A actividade, con prazas limitadas, busca fomentar a organización eficiente do fogar e o reparto equilibrado das responsabilidades na unidade familiar
Pazo-Xeral-Paredes-Portomarín
7 Oct 2025

O vindeiro xoves 9 de outubro, o Pazo Xeral Paredes será o escenario dunha charla informativa titulada Xestión doméstica e reparto de tarefas, que se desenvolverá entre as 15:30 e as 20:30 horas.

A iniciativa, que se está a impartir en diferentes concellos galegos, ten como obxectivo ofrecer orientacións prácticas para mellorar a organización do fogar e promover unha distribución máis equitativa das tarefas dentro da unidade familiar.

A sesión está pensada para todas aquelas persoas interesadas en aprender a organizar a súa casa de xeito máis eficiente, educar na autonomía e fortalecer o traballo en equipo no ámbito doméstico.

Segundo destacan os organizadores, estas charlas están a resultar de "grande utilidade" para a veciñanza dos municipios onde xa se celebraron.

As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 621 197 440.

⚙ Configurar cookies
0.083997011184692