O persoal de Capsa continúa coas súas concentracións pola revisión salarial
TerraChaXa | LugoXa
O persoal de CAPSA en Robara realizou onte unha nova Concentración para exixir revisión salarial segundo o IPC
27 Abr 2023
Os traballadores e as traballadoras de Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA) continúan coas súas concentracións os mércores coa reinvidicación de reclamarlle á empresa que proceda a aplicar de inmediato a revisión salarial conforme ao IPC real, tal e como se estabelece no convenio colectivo.
Como en mércores pasados, a folga parcial desenvolveuse entre ás 13 e ás 15 horas e durante este tempo o persoal concentrouse diante da factoría de Robra (Outeiro de Rei), chegando mesmo a cortar o tráfico na Nacional VI
Estas concentracións contan cun amplo seguemento pero ata o momento non se produciron avances que permitan pechar o conflito xa que a empresa teima no seu incumprimento das garantías económicas recollidas no convenio.