O persoal de Europastry está convocado a unha folga e unha manifestación este mércores
O persoal de Europastry, a antiga Ingapán, están chamado á folga durante a xornada de mañá, mércores 31 de maio, para reivindicar unhas melloras nas condicións de traballo. Acusan á empresa de comodidade e de "fomentar a precariedade".
Así, a folga dará comezo para os turnos de noite que comezan hoxe e rematará antes do inicio deste mesmo na xornada do mércores. Está prevista unha concentración, ás 11.oo horas diante da Fábrica 1, no Ceao, para, seguidamente facer unha breve manifestación polo polígono a carón dos outros centros de traballo.
A folga e a concentración están convocados pola CIG que asegura que se está a producir unha situación de "parálise" no tratamento dos asuntos que se trasladan desde o comité logo das consultas do persoal.