O piloto de Monterroso Maikel Diéguez, campión galego de VFTiming
LugoXa
Tras unha tempada extraordinaria, Diéguez pechou o campionato con 9 vitorias en 10 carreiras
25 sep 2024
Maikel Diéguez revalida o título no Campionato Galego VFTiming de Pitmotard 190. O piloto de Monterroso proclamouse campión por segundo ano consecutivo. Tras unha tempada extraordinaria, Diéguez pechou o campionato con 9 vitorias en 10 carreiras, o que lle permitiu facerse co título de maneira anticipada.
A última proba disputouse no circuíto de Pastoriza, onde o piloto monterrosino confirmou o seu dominio ao longo da tempada. A súa consistencia e habilidade nas pistas consolidárono como unha das figuras máis destacadas do motociclismo galego