O Piringalla xuvenil e o Residencia cadete gañaron a Copa Deputación
Esta fin de semana celebráronse as finais das categorías xuvenil e cadete da Copa Deputación, con premio para dous equipos da capital da provincia.
O Piringalla venceu na categoría xuvenil ao Pontenova nun duelo celebrado no Municipal de Pol que estivo dominado polos locais aínda que o partido rematou sen goles polo que o título tivo que dirimirse desde os 11 metros.
O Pontenova sumou dous fallos, o que lle deu a vitoria o equipo lugués, que se levaba un premio de consolación logo de quedar ás portas do ascenso no tramo final da liga. O rival tamén fixo unha gran tempada xa que logrou o ascenso a Primeira provincial este ano.
CADETE
Na cadete a vitoria foi para o Residencia, nun duelo totalmente lugués, disputado contra o Polvorín no Rodríguez Lago das Gándaras. O partido, que comezou igualado, cambiou o seu curso coa lesión do xogador amarelo, que tivo que ser atendido no céspede. Os animos baixaron para o Polvorín e o Residencia aproveitou para irse no marcador para rematar 0-3.
O Residencia completa así unha gran tempada, na que logrou o ascenso á Galega tamén cunha goleada de 5-0 ante o Vilalbés. Xa rematara tamén a fase regular como campión de grupo sen coñecer a derrota en 20 partidos. O rival, que tamén estaba no mesmo grupo, foi quinto na xeral.