O Plan de Mobilidade de Lugo do PSOE e do BNG cuadriplicará o carril bici, eliminará unhas 2.600 prazas de aparcamento e peonalizará 15 rúas

O Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS), aprobado polo PSOE e o BNG, marcará a mobilidade dos lucenses nos próximos anos. O tráfico, o aparcamento, o acceso aos barrios e incluso a actividade económica da cidade poderán cambiar de forma significativa.
Entre as medidas máis controvertidas, o documento prevé cuadriplicar a rede de carrís bici, pasando dos 12 quilómetros actuais a 47,4 km, eliminar ao redor de 2.600 prazas de aparcamento en superficie e implementar 15 peonalizacións en distintas rúas da cidade, sen conexión con outros itinerarios peonís ou de transporte o que poderá complicar os desprazamentos diaros e o acceso a barrios e negocios. Todos estes cambios poderían transformar de maneira inmediata a mobilidade nos barrios afectados.

As modificacións previstas no PMUS xa están a xerar preocupación entre a veciñanza, que se enfronta a un novo escenario de circulación, aparcamento e acceso ás súas casas ou negocios. O impacto será visible en moitos barrios,
Para quen queira coñecer todos os detalles do plan, o PMUS completo está dispoñible para descarga na seguinte ligazón:
👉 Descargar o Plan de Mobilidade de Lugo (PMUS)
Información e participación
Desde o Partido Popular están a desenvolver unha campaña informativa co obxectivo de que os veciños coñezan o contido do plan que o goberno local agochou, sen debate no pleno, nin as garantías xurídicas necesarias. Foi só despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitise a trámite un recurso contencioso -administrativo, presentado polo PP, que se viu obrigado a poñer o plan a exposición pública.
Reunións abertas e encontros con colectivos
Ademais das reunións abertas á veciñanza, a campaña informativa do PP tamén se ampliou a colectivos que poden verse especialmente afectados polas medidas do plan, como as asociacións de persoas con discapacidade, o sector da distribución ou os servizos de emerxencia.
O obxectivo é escoitar as súas preocupacións e analizar como os cambios previstos poden influír no funcionamento da cidade.
Próximas reunións informativas
Dentro desta campaña informativa celebraranse varios encontros abertos á cidadanía nos próximos días:
Residencia
📅 Mércores 11 de marzo
🕣 20.30 horas
📍 Sede do Partido Popular (Ramón Cabanillas, 14)
Fontiñas
📅 Xoves 12 de marzo
🕖 19.00 horas
📍 Centro de Convivencia Maruja Mallo
San Roque
📅 Luns 16 marzo
🕣 20.30 horas
📍 Pizzería Bocalino