O plan integral de limpeza barrio a barrio trasládase ás Gándaras

LugoXa
O obxectivo desta iniciativa é unificar os esforzos e os recursos municipais por contornas e mellorar o acondicionamento xeral da cidade.
limpeza barrios lugo
19 Jul 2021

O plan de concentración de dispositivos municipais de limpeza, chegará este vindeiro martes, día 20 de xullo, ao barrio das Gándaras, logo de concluír as tarefas previstas no Castiñeiro, Casás, Abella e Residencia.

O obxectivo desta iniciativa, desenvolvida pola área de Medio Ambiente, é unificar os esforzos por contornas e mellorar, así, o acondicionamento da cidade, sen descoidar os labores ordinarios. Para iso, se está a actuar de forma integral en cada barrio cun amplo operativo integrado polas empresas encargadas da limpeza urbana, do mantemento das zonas verdes e de revisión dos parques infantís, contando co apoio das brigadas municipais.

O tente de alcaldesa Miguel Fernández, indicou que “este martes o dispositivo se desprazará até as Gándaras para executar a roza de vías e predios municipais, o varrido e baldeo de rúas e bordos, a limpeza dos sumidoiros e das illas de reciclaxe de lixo, así como dos bancos e resto do mobiliario urbano para o que se empregarán máquinas a presión que servirán igualmente para proceder á retirada das pintadas e grafitis na zona”.

Así mesmo, sinalouse, igualmente, que dos 341 expedientes tramitados polo Concello por acumulación de maleza en predios particulares, 14 deles se atopan neste punto da capital e quixo aproveitar para facer un chamamento á cidadanía en prol da conservación das dotacións públicas.

Tras rematar nesta contorna, os traballos continuarán polo Sagrado Corazón.

0.052532911300659