O Pleno de Lugo acorda pedir máis infraestruturas ao Goberno do Estado

LugoXa
O Pleno do Concello de Lugo aprobou onte, por acordo de todos os grupos, unha moción do PP na que se solicita ao Goberno do Estado que realice máis investimentos en infraestruturas da provincia.
foto pleno lugo 2
27 Out 2023

O Pleno do Concello de Lugo aprobou onte, por acordo de todos os grupos, unha moción do PP na que se solicita ao Goberno do Estado que realice máis investimentos en infraestruturas da provincia.

Así, o Concello pedirá, entre outras cosas, que se garanta a conexión de Lugo coa alta velocidade ferroviaria, a inclusión de Lugo no Corredor Atlántico de Mercadurías, a reconstrución urxente dos viadutos da A-6, o impulso das autovías a Santiago, Ourense, Mariña e Ponferrada e outras accións en vías principais.

Ademais, dende o BNG engadiron que se constrúa a vía férrea a Santiago desde Curtis.

Pola súa banda, o PSOE engadiu tamén unha emenda instando tamén á Xunta de Galicia a comprometerse e avanzar na materialización doutras obras que contribúan ao desenvolvemento completo do municipio, unha emenda que o Partido Popular rexeitou aceptar.

As infraestruturas que se pedían era a finalización do Plan Paradai coa execución da rexeneración integral da rúa Serra de Meira, dende a rotonda da avenida Adolfo Suárez ata a rotonda que dá acceso á nova Ponte Romai; a conexión entre o Parque das Gándaras coa A6; a creación das dúas sendas peonís e ciclistas; seguir eliminando os tramos de concentración de accidentes nas vías da provincia de Lugo; continuar desdobrando o corredor de Nadela a Sarria; restituír e arranxar a LU-651 entre Folgoso do Courel e Quiroga; acometer os accesos ao Porto Seco de Monforte e a Vía de Alta Capacidade da Costa Norte, e darlle continuidade ás obras no eixe Begonte – Friol – Palas de Rei.

PXOM

O 5% pendente de aprobación do PXOM tamén se tratou no Pleno. O PP levaba unha moción de urxencia e a alcaldesa asegurou que se xusto viña de recibir a carta da Xunta na que se a convocaba para unha reunión.

Asegurou a alcaldesa que a intención principal é aprobar o pendente e que é a Xunta a que se nega a cumprir "coa súa obriga de inscribilo no rexistro galego de planeamento" polo que non descarta acudir á xulgado.

O debate continuou cun cruce de acusacións e responsabilidades.

OUTROS ASUNTOS

Entre outros asuntos, aprobouse, sen o voto do PP, a conta do Concello do ano pasado, na que hai un desequilibro entre gastos e ingresos. Tamén se informou de que se mellorará a drenaxe da rúa Lamas de Prado, que o leirapárking terá cámaras de seguridade, que haberá solo para facer o novo centro de saúde no Sagrado Corazón e que o Conello seguirá buscando financiamento para o cuartel de San Fernando.

0.13843297958374