O Pleno de Outeiro de Rei aproba a modificación da ordenanza sobre concesión de nichos

LugoXa | TerraChaXa
A proposta para a recuperación e posta en valor da pontella da insua do Maiordomo foi rexeitada
pleno-outeiro-de-rei
Corporación de Outeiro de Rei en Pleno
28 Xuño 2024

A casa do concello de Outeiro de Rei acolleu o pleno municipal ordinario coa asistencia de todos os membros.

Logo da aprobación das actas das sesións anteriores, do 25 de abril e 14 de maio de 2024, o segundo punto da orde do día abordou o expediente 665/2024, cuxo contido tratou sobre a ordenanza municipal relativa á duración das concesións dos nichos. Aprobouse, en acordo coa nova lexislación, a modificación da ordenanza municipal que establecía a duración das concesións dos nichos de cemiterios, pasando esta dos 99 aos 75 anos de duración.

A proposta de modificación foi aprobada por maioría. "Esta decisión promete optimizar a xestión de espazos públicos municipais coma os cemiterios, adaptándose as dinámicas e necesidades actuais dos veciños", afirman desde o Concello.

Por último, debateuse sobre a recuperación e posta en valor da pontella da insua do Maiordomo. A votación foi rexeitada por maioría.

A sesión rematou coa ronda de rogos e preguntas.

0.19815301895142