O Pleno de Rábade aproba a subida do IBI, criticada pola oposición

LugoXa | TerraChaXa
Os independentes acusan ao Goberno local de enganar levando a ampliación do polígono ao Senado
ex-alcalde-rabade-fernande-montes
2 Out 2024

Os concelleiros independente de Rábade, presididos polo ex alcalde Francisco José Fernández Montes, cargaron contra a decisión do Goberno local de subir un 20% o IBI, que se aprobou en Pleno coa maioría popular. Segundo explican, a alcaldesa defendeu esta suba alegando que os concellos da contorna o teñen máis alto e que facía moito que non se subía.

"O IBI xa se sube en función do prezo das vivendas e agora vemos que esta subida é esaxerada e afecta directamente aos veciños e veciños. Loxicamente que levaba tempo sen subirse xa que nós non o subimos", dixo Montes.

Tamén se aprobou unha modificación de crédito de máis de 81.000 euros que se van extraer dos remanentes de tesourería. "Sácanse os cartos dos aforros que deixamos cando marchamos, con todo pagado. Con este diñeiro o que farán será pagar uns excesos que están fóra de control", explicou Fernández Montes.

Asegura o concelleiro que se están indo moitos contratos para simpatizantes do partido de Goberno. "Agora mesmo van cen mil euros con reparo de legalidade, cando no están presupostados, cando iso non se deu antes, unha cantidade moi elevada".

Tamen criticou necesidades de arranxos na vila que non se solucionan, como o marcador do pavillón.

POLÍGONO

Así mesmo, acusaron aos populares de enganar á veciñanza coa súa solicitude ao Goberno de que amplíe o Polígono Industrial de Rábade.

Lembra o ex alcalde que o PP e a Asociación de empresarios do Polígono levan anos reclamándolle ao Concello e á Xunta o enlace co polígono, "coa ampliación da avenida de Galicia, avenida que é da Xunta de Galicia; agora como xa non hai escusa, dicimos que imos reclamarlla ó Goberno Central, no Senado, que aí temos maioría, pero que non ten competencia algunha nisto".

Critica tamén a iniciativa de  pedir unha ampliación do propio Ppolígono, "cando as competencias de Industria son exclusivas da Xunta, e o polígono competencia do Concello, pero este nin sequera sabe cara onde amplialo, mentindo ademais cando di dispor de térreos para esa ampliación"

Asegura que o primeiro paso é aprobar o PXOM, "que o Concello ten paralizado dende que chegou, e iso nos impide medrar industrialmente nun momento de expansión".

0.19477891921997