O Pleno de Rábade aproba uns orzamentos municipais que ascenden a 2,4 millóns de euros

LugoXa | TerraChaXa
Afirma o Goberno local que prima o gasto social cunha importante partida destinada á dependencia e á conciliación familiar
concello-rabade-casa-consistorial
30 Jan 2025

O Goberno local do Concello de Rábade vén de aprobar no Pleno ordinario celebrado hoxe os Orzamentos municipais para 2025, que ascenden a 2.476.500 euros. A rexedora, Reme González, destaca que se trata dunhas contas “realistas e planificadas para mellorar os servizos básicos que se prestan aos veciños e veciñas”.

Os Orzamentos para este ano 2025 reforzan o gasto social cunha partida moi importante para a dependencia e a conciliación familiar. En concreto, destínanse 350.000 euros ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

A maiores, as contas recollen un incremento do gasto corrente, como resultado do reforzo do contrato de recollida e tratamento de residuos, así como unha suba no gasto de persoal derivado da posta en marcha e elaboración da RPT.

O capítulo de investimentos reais sobe para acometer algunhas das obras e proxectos previstos, entre os que se atopa o sistema de abastecemento, a mellora nos depósitos da EDAR e a instalación de novo decantador, entre outros.

0.16920208930969