Lugo contará cun convenio propio para o sector da limpeza no Concello e na Deputación

LugoXa
No pleno tamén se aprobou a proposta de axilizar os trámites do Plan Paradai e a creación dun ente ferroviario galego para reclamar á Xunta unha maior implicación na xestión das conexións O Pleno do Concello de Lugo vota a favor dun convenio propio para o sector da limpeza no Concello e na Deputación.
1 Apr 2024

No pleno tamén se aprobou a proposta de axilizar os trámites do Plan Paradai e a creación dun ente ferroviario galego para reclamar á Xunta unha maior implicación na xestión das conexións

O Pleno do Concello de Lugo vota a favor dun convenio propio para o sector da limpeza no Concello e na Deputación. A proposta dos populares, á que os socialistas presentaron unha enmenda, consiga a unimidade da Corporación e chega logo de que o sector acadase un acordo do convenio provincial coa patronal despois dunha longa folga.

Os servizos ferroviarios e as conexións da cidade co resto da provincia e da comunidade foron outro dos puntos do último pleno municipal. O BNG levou a pleno a proposta de crear un ente ferroviario galego, que quedou aprobada co voto en contra do Grupo Municipal do Partido Popular. O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, defendeu a iniciativa para reclamar á Xunta unha maior implicación na xestión ferroviaria galega.

“A cidade e a provincia Lugo ten que deixar de estar marxinada en materia de infraestruturas ferroviarias, é preciso poñer a Lugo no mapa e comunicar ás nosas veciñas e veciños", asegurou Arroxo. Unha infraestrutura anticuada e fallos constantes son a realidade ferroviaria actual en Lugo, segundo trasladan. O BNG conseguiu o apoio do pleno do Concello de Lugo para que o Goberno autonómico "se implique na xestión das cercanías ferroviarias, do mesmo xeito que fan os gobernos de outras zonas do estado".

Axilizar o Plan Paradai

O BNG defendeu a proposta de crear un ente que promova e xestione o tren de proximidade galego, co obxectivo de enlazar os principais núcleos de poboación arredor das cidades, e conectar entre si as cidades que carecen na actualidade deste servizo, como Lugo e Compostela, "un auténtico servizo público que sexa útil para as galegas e galegos", afirmou Rubén Arroxo. Pola súa parte, o PP propuxo unha enmenda na que solicitan ao Goberno do Estado “unha conexión real e de alta velocidade”, destacou Ameijide.

Por outra banda, votouse a favor de axilizar os trámites de licitación e execución do Plan Paradai. “Agradecemos que socialistas e nacionalistas dixeran alto e claro que se comprometen para avanzar nun proxecto que o Concello bloqueou durante décadas”, trasladan os populares. Porén, non houbo acordo para a proposición dun novo aparcadoiro de camións no polígono das Gándaras, que acadou os votos en contra de socialistas e nacionalistas, unha tarefa sobre a que a alcaldesa, Paula Alvarellos asegurou que o Concello de Lugo ten a man tendida para todo aquelo que poida precisar a Xunta de Galicia cando materialice a construción deste estacionamento. PSOE e BNG tamén rexeitaron a proposición popular para axilizar a tramitación das axudas para rehabilitar inmobles no casco histórico.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15934801101685