O Pleno do Consorcio de Bombeiros aproba a fixeza laboral dos bombeiros

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Pleno do Consorcio de Bombeiros aproba polo voto de calidade do Presidente a fixeza laboral dos bombeiros
pleno consorcio bombeiros deputacion
9 Jun 2023

Foi aprobado co voto a favor da Deputación de Lugo e en contra da Xunta de Galicia, escudándose en que os membros do Consorcio provincial están en funcións.

O presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este venres un Pleno no que se acordou dar a fixeza laboral aos traballadores e traballadoras dos parques de bombeiros grazas ao voto de calidade do presidente e a pesar dos votos en contra da Xunta de Galicia, que se escudou en que os membros do Consorcio provincial están en funcións, como desculpa para non apoiar a proposta de fixeza dos bombeiros.

Tomé Roca foi firme e dixo que “o que queremos é garantir a continuidade e a calidade na prestación dun servizo público esencial, ao tempo que dá estabilidade e seguridade laboral aos profesionais que agora o desempeñan. Facémolo con garantías xurídicas, apelando á sentenza do Supremo, e tamén dende a defensa que sempre facemos dos dereitos dos traballadores e traballadoras, e para prestación á cidadanía duns servizos públicos esenciais e de calidade”.

O presidente detallou que se aposta por aplicar o recollido nunha sentenza de unificación de doutrina que ditou o Tribunal Supremo con respecto ao caso dunha traballadora do SAF de Navarra, un ditame xudicial “que abre a porta a darlles estabilidade e seguridade laboral aos traballadores e traballadoras dos parques de bombeiros, sen que teñan que pasar por un proceso selectivo”.

Este acordo tamén recolle que a fixeza do persoal, complementarase coa elaboración dunha relación de postos de traballo e continuar coa negociación do convenio colectivo que integrará os dous convenios de procedencia dos distintos parques de bombeiros da provincia.

Nesta sesión tamén se aprobou tres solicitudes de tres traballadores do Parque de Bombeiros de Barreiros de compatibilidade laboral, cos votos a favor da Deputación de Lugo e a abstención da Xunta de Galicia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17811799049377