O PM Friol FS acolle un maratón de fútbol sala

LugoXa | TerraChaXa
A competición iniciarase o venres 1 cun maratón de tute
maraton-futbol-sala-friol
20 Jul 2025

O mes de agosto comezará cun maratón de fútbol sala, organizado polo PM Friol Fútbol Sala, os días 1, 2 e 3 ao que están invitados a participar todos os equipos que o desexen.

Haberá 24 prazas dispoñibles e a inscrición ten un custe de 150 puntos. Os premios serán para os catro primeiros clasificados, de 12.00, 600 para os dous primeiros, e de 250 para o terceiro e cuarto. Ademais haberá trofeo ao mellor xogador e ao mellor porteiro.

Para informarse ou inscribirse poden poñerse en contacto con Dani Villar (699 177 508) ou Adri Fernández (615 442 769) antes do 30 de xullo.

A competición iniciarase o venres 1 cun maratón de tute, que dará comezo ás 17.00 horas co sorteo dos enfrontamentos. Ten un prezo de inscrición de 20 euros e os premios serán un 60 % do recadado para os campións e dun 30 % para os segundos. Tamén recibirán un lote de produtos o campión e o subcampión da repesca.  A inscrición pode facerse con Dani Villar (699 177 508) ou Noé Graña (679 543 363).

Esta festa do fútbol sala completarase coa actuación de DJ ELLo o venres e sorteos durante o maratón.

⚙ Configurar cookies
0.17867398262024