O PM Friol lanza o seu campus mixto de verán e retoma as xornadas de portas abertas

O verán comeza con forza no Concello de Friol coa chegada do Campus Mixto de Fútbol organizado polo PM Friol. A actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos e desenvolverase do 30 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9:30 a 14:00 horas.
Durante esa semana, os participantes poderán gozar de adestramentos orientados á mellora técnica, xogos lúdicos e cooperativos, competicións en grupos reducidos e concursos de habilidade e precisión. Todos os asistentes recibirán como agasallo unha camiseta do PM Friol e, a media mañá, degustarán un picnic para repoñer forzas.
O sábado 5 de xullo celebrarase unha gran festa de clausura con xogos na piscina, pizzas e sorteos, poñendo o broche de ouro a unha semana chea de deporte e diversión. Os xogadores e xogadoras do PM Friol ou do CF Friol desta tempada contarán cun desconto de 30 euros. As inscricións estarán abertas ata o 26 de xuño, e pódese solicitar máis información nos teléfonos 636 378 110 e 649 423 743.
Ademais, o PM Friol retoma as súas xornadas de portas abertas os días 19 e 26 de xuño e o 3 de xullo ás 18:30 horas no Campo Municipal de A Reigosa. Unha oportunidade perfecta para achegarse ao fútbol, coñecer novos amigos e formar parte desta gran familia deportiva. A organización agradece especialmente a colaboración do Concello de Friol para facer posible estas iniciativas.