O polígono das Gándaras: 90.000 metros cadrados a metade de precio

LugoXa
O delegado territorial da Xunta reuniuse cos empresarios das Gándaras e O Ceao para explicarlles os plans de expansión para o parque.
lugo poligono gandaras arias empresarios
1 Abr 2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo coas asociacións de empresarios dos polígonos do Ceao e As Gándaras, para explicarlles os plans de expansión que o Goberno autonómico está a desenvolver no segundo destes parques, onde as parcelas da segunda fase, que representan ao redor de 90.000 metros cadrados, se ofrecen a metade de precio. Desas parcelas, seis, dun total de máis de 54.000 metros cadrados, foron vendidas con esa bonificación.

Arias explicou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste 2,6 millóns de euros nas obras da segunda fase de ampliación do polígono das Gándaras. Os traballos deron comezo a principios de ano e contan cun prazo de execución de 10 meses. Ademais, sinalou que o Goberno autonómico está a tramitar unha modificación do proxecto sectorial que posibilitará acometer a que será a terceira fase de expansión do polígono.

O delegado apuntou que deste xeito a consellería pretende dar resposta ás necesidades dos empresarios de Lugo “de dispoñer de chan industrial con bos servizos e a un prezo competitivo”. Neste sentido, lembrou que o polígono das Gándaras é a segunda superficie empresarial na que máis solo bonificado se adxudicou desde o ano 2015 en Galicia.

0.19003796577454