O polo de Friol organiza unha sesión para a potenciación de iniciativas do sector agroalimentario

LugoXa | TerraChaXa
A sesión  será este martes, 25 de xuño, e o programa abrirá ás 10.00 horas coa presentación
curso-potenciacion-sector-agroalimentario
Cartel
24 Jun 2024

O Polo de Friol organiza un encontro, coa colaboración de GDR-4 Comarca de Lugo,  co obxectivo de potenciar o sector agroalimentario, e ao que están citados todos os emprendedores do sector a os que lle gustaría ampliar a súa rede de contactos en busca de futuras colaboracións e crear comunidade.

Ademais de servir como inicio de conversa entre interesados, poderanse escoitar máis de preto casos de éxito de proxectos referentes do sector e saber máis sobre as vantaxes da cooperación.

A sesión  será este martes, 25 de xuño, e o programa abrirá ás 10.00 horas coa presentación do evento. Seguirá unha actividade de presentación de empresas referentes e logo de presentación dos participantes.

A continuación farse unha análise da situación de partida, obxectivos, necesidades e oportunidades e outra para descubrir e traballar as posibles cooperacións.

Finalizarán ás 13.00 horas cunha sesión de networking.

Esta cita terá lugar na sede de Traloagro, no Polígono Industrial de Friol, Parcela 55 (Friol).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18766117095947