O Polvorín infantil ascende á Galega e o alevín do Lugo proclámase subcampión galego
O equipo infantil da Liga Provincial do Polvorín pechou unha gran tempada cun ascenso á categoría Galega logo de vencer ao Piringalla no último duelo do proceso, celebrado este sábado no Rodríguez Lago.
Os dous equipos enfrontáronse en dobre partido. No primeiro venceron os amarelos por 1-4 pero no segundo caso xa foi máis axustado, aínda que con vitoria para o Polvorín por 3-2, polo que se levou a praza que quedaba na Galega para a próxima tempada.
Este era o último ascenso que quedaba por decirse nas bases de fútbol provincial e agora continuarán coas competicións de Copa.
ALEVÍN
Por outra banda, o CD Lugo alevín fíxose este domingo co título de subcampión galego nas Fases Finais celebradas esta fin de semana. O conxuno albivermello pasou a fase de grupo como cabeza de lista con dous empates e dúas vitorias e xunto co Deportivo pasaron ás semifinais.
Aí o conxunto lugués goleou ao Xinzo mentres que o Celta desfíxose do Deportivo polo que se enfrontaron na gran final onde o equipo vigués foi moi superior levándose o título por 6-0 pero deixando ao Lugo como segundo equipo da Comunidade Autónoma.
O equipo alevín xa foi campión provincial cunha exitosa tempada.