O popular Enrique Rozas critica a falta de concreción da ubicación da nova comisaría de Lugo
Enrique Rozas critica a falta de concreción do Ministro do Interior sobre a localización da nova comisaría da policía nacional en Lugo. O vicevoceiro popular afirma que é “unha falta de respecto aos lucenses e aos policías” que veña Grande Marlaska a Lugo e que pase por alto esta infraestrutura conformándose con “manifestar que para o PSOE é unha prioridade”.
O popular reclama respostas para os veciños e veciñas “non só declaracións baleiras de contido” engadindo que “se de verdade fose esencial para os socialistas facer a nova Comisaría en Lugo o Ministro tivo onte unha oportunidade magnífica para concretalo tal e como si fixo ca de Monforte de Lemos”. Ademais, poñía en tea de xuízo o peso do PSOE local co Goberno de Sánchez e lamentaba a falta de colaboración dos seus con esta dotación. “Son incapaces de xestionar e conseguir compromisos firmes en temas importantes para a cidade como este”
Neste sentido, o PP presentou como alternativa para a nova Comisaría o edificio de Obras Públicas da Ronda da Muralla e dende o PSOE as parcelas de Abella e O Castiñeiro. Polo que reiteran que “dende o primeiro momento amosamos a nosa predisposición a calquera alternativa sempre que sexa áxil a construción e cubran as necesidades dos lucenses e dos axentes de policía.