O Portamiñá fixo historia con tres novos récords galegos na Copa de España

LugoXa
Os nadadores lucenses destacaron nas probas de relevos e lideraron as clasificacións masculina e feminina na piscina municipal de Frigsa, en Lugo
Brais,-Pablo,-Samuel-e-Martín-CN-Portamiñá
30 Nov 2025

O Club Natación Portamiñá conseguiu un éxito histórico na Copa de España 2ª División, celebrada na piscina municipal de Frigsa, en Lugo, ao bater tres récords galegos e liderar tanto a clasificación masculina como a feminina.

O primeiro récord lográrono Marín, Brais, Pablo e Antonio en 4x100 estilos, cun tempo de 3:43.45. O segundo foi acadado por Brais, Pablo, Samuel e Martín en 4x200 libres, cun rexistro de 7:29.87. Finalmente, o terceiro récord correspondéulles a Brais, Pablo, Antonio e Martín en 4x200 libres, cun tempo de 3:22.67.

Desde o club destacan que agora toca agardar polos resultados do resto das comunidades para saber se ascenden ou non, que é o obxectivo principal do equipo, e que estes resultados confirman o excelente nivel e a progresión dos seus deportistas nas competicións nacionais.

⚙ Configurar cookies
0.14243388175964