O Portamiñá revalida o seu título como Campión Galego de División de Honra e establece un novo récord
O sábado 11 disputouse na piscina de Frigsa a Fase Final da liga Galega de División de Honra na que participaron o CNArteixo, CNFerrol, RCNVigo, CNPabellón, CFluvial de Lugo e CNPortaMiñá Lugo. Nesta competición competían polo título de campión os tres primeiros equipos clasificados na Fase Preliminar o CNArteixo, CNFerrol e CNPortaMiñá.
Dita Fase Preliminar disputouse ao longo dos meses pasados. O CNPortaMiñá proclamouse ao final da competición campión da liga Galega de División de Honra 2023-2024 revalidando o título da tempada pasada. Ademais o equipo masculino de substitucións do PortaMiñá na proba de 4x50 estilos estableceu un novo récord galego absoluto cun tempo de 1.40.96. O CFluvial de Lugo, CNPabellón e RCNVigo competían pola permanencia na categoría. Ao final da competición o CFluvial conseguiu a permanencia, descendendo o CNPabellón e RCNVigo