O PP acusa á Deputación de privatizar a xestión das residencias de maiores

Pol
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Antonio Ameijide explica que nos últimos días asinaron decretos nos que se confirman as prórrogas para que empresas privadas sigan a xestionar os centros de Trabada, A Fonsagrada, Pol e Ribadeo
residencia-de-maiores-Becerreá
12 Jun 2025

PSOE e BNG seguen a manter un modelo privatizador á fronte da rede provincial de residencias despois de asinar varias prórrogas para manter a empresas privadas xestionando varios centros de atención a maiores.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “nos últimos días vimos como asinaron varios decretos para aprobar as prórrogas que manteñen a empresas privadas á fronte da xestión de varias residencias da rede provincial”.

En concreto trátase dos centros de atención a maiores de Trabada, cunha prórroga dende o 16 de agosto de 2025 ao 31 de outubro de 2025, por un importe de 144.100,76 euros; Ribadeo, prórroga dende o 16 de agosto de 2025 ao 31 de outubro de 2025, por un importe de 173.363,10 euros; A Fonsagrada, prórroga dende o 16 de agosto de 2025 ao 31 de outubro de 2025, por un importe de 135.087,81 uros, e Pol, prórroga dende o 16 de agosto de 2025 ao 31 de outubro de 2025, por un importe de 121.344,77 euros.

Antonio Ameijide denuncia esta situación xa que “PSOE e BNG entregan a empresas privadas infraestruturas construídas con cartos de todos os lucenses, unha liña de traballo que queren perpetuar cando se abra o centro de atención a maiores de Becerreá”.

Neste senso, Antonio Ameijide recorda como “o expediente que PSOE e BNG aprobaron no mes de febreiro deste ano certifica que o seu modelo de centros de atención a maiores é un modelo fracasado e privatizador”.

“PSOE e BNG quitaron a careta xa que o seu modelo é 100% privatizador. En Becerreá, ao igual que no resto de centros da rede, cando abran a residencia entregarán un edificio construído con fondos de todos os lucenses a unha empresa para que privatice 96 prazas de residencia e 40 de centro de maiores”, recordou.

A sinatura destas prórrogas sen incluír a apertura dos centros de día confirma “a nula intención de cumprir con este compromiso adquirido con todos os veciños da provincia, chegando ao punto de que alcaldes, como o de Fonsagrada, votan en contra de abrir estes centros, votando así en contra dos seus veciños”.

⚙ Configurar cookies
0.174076795578