O PP acusa a PSOE e BNG de ocultar información sobre o plan urbanístico do Rato

LugoXa
Ameijide denuncia falta de transparencia ao negarse a Deputación a entregar o expediente completo por terceira vez
PP-e-veciños-de-Paradai
24 Jul 2025

O voceiro provincial do Partido Popular, Antonio Ameijide, criticou  ao goberno bipartito da Deputación de Lugo por negar por terceira vez o acceso ao expediente completo do Plan Parcial que afecta ao polígono C de Paradai e á zona S-13-R, nas inmediacións do Paseo do Rato.

Durante un encontro con veciños da zona, o popular esixiu transparencia e acusou a PSOE e BNG de “torpedear” o acceso á documentación, a pesar de que xa foi trasladada ao Concello de Lugo e, polo tanto, é pública.

Ameijide explicou que desde o seu grupo solicitaron por primeira vez acceso ao expediente o pasado 3 de xuño, e só recibiron copia dunha factura do servizo técnico contratado para a redacción do plan. O 9 de xullo reiteraron a petición e, ante a falta de resposta, volveron rexistrar a solicitude este 24 de xullo.

O popular critica a contradición do alcalde Miguel Fernández, que afirma publicamente que se pedirán cambios no plan pero “esquece que tamén forma parte do goberno provincial”.

O PP presentou dúas iniciativas, no Concello e na Deputación, para reclamar a paralización da urbanización prevista ata consensuar co vecindario a mellor alternativa.

Ameijide preguntouse que pretenden agochar PSOE e BNG e advertiu do impacto negativo do proxecto no Paseo do Rato, “un pulmón verde da cidade impulsado en tempos por un goberno do PP”. Ademais, censura que os gobernos locais prioricen desenvolvementos lesivos para as zonas verdes mentres outros proxectos máis necesarios seguen paralizados.

⚙ Configurar cookies
0.15233016014099